29 dic 2013

FESTIVAL PREHISTÓRICO DE NADAL ANO 2013.

O pasado venres 20 de decembro de 2013 ás 11:00 horas tivo lugar no salón de actos do CEE Saladino Cortizo:

O FESTIVAL PREHISTÓRICO DE NADAL:



Logo da baixada do carrillón, os catro cuartos e as doce badaladas cortesía de Ramonchu Pousa, comezou a

GALA DE FESTA
coas seguintes actuacións:

1. Tema principal das Variacións de Campaíñas do lugar de W.A. Mozart. Concerto de piano e orquestra de Aninovo da Real Filarmónica Orquesta Saladina Cortiza (2º ciclo).
2. Twist de la Navidad de Algaida interpretado polo Coro de Nenos Cantores (1º ciclo)
3. Ahí viene el bombero, contando coa presencia de Mystiza (PCPI).
4. A Coral Polifónica Saladino Cortizo interpretou Xa me tardan estes Magos de Mamá Cabra (TVA).
5. No importa que llueva, coa participación estelar do grupo Efecto Pasillo (2º ciclo).
6. Abraham Mateo e o seuequipo bailaron a ritmo de Breakdance o seu éxito Señorita (TVA)
7. E como broche final, o grupo Efecto pasillo interpretou outro dos seus éxitos: Hecho con tus sueños (PCPI).

Logo viñeron os Reis Magos que obsequiáronnos cunha morea de agasallos!!!

Por último contamos coa presencia de DJ Dead, DJ Life e coa participación dos artistas invitados DJ Eminence y DJ Desituación; que ofreceron as mellores misturas techno do momento tendo un grande éxito o Scream and Shout de Britney Spears.

O NOSO BELÉN PREHISTÓRICO ACADA UN ACCESIT NO CONCURSO.

Un achado arqueolóxico sen precedentes foi atopado no concurso de Beléns de Nova Galicia Banco.

Trátase dun dolmen nas inmediacións dun petroglifo  con pinturas rupestres. Os científicos determinaron que é unha representación prehistórica dun portal de Belén, na que aparecería baixo o dolmen ao Neno, á Virxe, San Xosé, e dúas representacións zoomorfas: unha mula e un boi. Segundo interpretan os arqueólogos, unha estrela fugaz tería guiado a tres Magos aínda que os primeiros en visitar ao Neno serían os pastores do lugar.



Para os defensores da teoría dos alieníxenas ancestrais, sería unha profecía de Nostradamus que data do ano 2013 a. de C. na que xa os Celtas do Neolítico vaticinaran que nacería o Mesías dunha nova relixión.

Logo da interpretación dos expertos do CEE Saladino Cortizo, o achado foi levado para ser exposto no Teatro García Barbón de Nova Galicia Banco, onde conqueriu nada máis e nada menos que un ACCÉSIT, como premio a labor de investigación levada por parte dos/as alumnos/as e profesores/as do centro educativo.



27 nov 2013

TANXARINA - monicreques

Neste mes de novembro tocounos facer unha excursión ao VERBUM - Samil e alí recibíronnos os membros de Tanxarina, cos seus monicreques. Explicáronnos os distintos tipos de marionetas, os escenarios e ata nos deixaron manexar algún boneco.


15 nov 2013

MAGOSTO 15 DE NOVEMBRO DE 2013

Este ano, o Magosto celebrámolo o venres 15 de novembro do ano 2013 antes de Cristo, en pleno Neolítico.

  • Realizamos pinturas rupestres de Magosto.
  • Cantamos arredor do lume as Cantigas do Magosto.
  • Asamos castañas ao estilo prehistórico.
  • Degustamos as castañas asadas.
  • Fixemos unha festa con ritos máxico-relisioxos dirixidos a nosa divinidade a Natureza.
Somos un pouco primitivos, é certo; pero a Prehistoria éche o que ten...




6 nov 2013

SAMAÍN NO ANO TRECE, QUE MALA SORTE!!!

O pasado mércores 30 de outubro pasámolo de medoooooo...

 1) Misa negra.
A primeira e segunda hora, as ánimas do purgatorio, os zombies, os monstros ancestrais e os espíritus do inferno espertaron e organizaron un aquelarre.

2) Corredor da Morte e Exposición de Cabazas.
A terceira hora a Santa Compaña en Procesión pasou polo corredor da morte para finalizar na aula de música onde nos esperaba a Exposición de cabazas, amenizada pola propia Morte co seu órgano de tubos e as súas campanas tubulares...

3) A beberaxe da Bruxa Bruxaxa.
A cuarta hora a Bruxa Bruxaxa convidounos na Biblioteca a participar na preparación dun beberaxe moi velenoso e saboroso.

4) DJ DEAD SESSION.
A quinta hora, tivemos festa coa participación do DJ DEAD, na que degustamos de saborosos  manxares demoníacos e inmortalizamos o evento cunha sesión fotográfica.



21 oct 2013

BENVIDOS AO NOSO COLE OUTRO ANO MÁIS.

Un ano máis querémovos dar a Benvida ao sitio web do noso cole Saladino Cortizo.

Queremos facer deste un lugar de encontro do centro con toda a comunidade educativa para dar a coñecer a nosa labor

Aquí podedes botar unha ollada ao vídeo de presentación do 1º ciclo, e facervos unha idea do traballo no noso centro.




21 jun 2013

VACACIÓNS!!!


FESTA DO ÚLTIMO DÍA

O último día no Saladino foi moi especial. Para comezar tivemos un espectáculo de maxia a cargo da nosa conserxe Elena. Fíxonos rir a todos e participar na actuación. Despois tivemos un Karaoke onde demostramos as nosas dotes como cantantes e para rematar esperábanos no comedor unha suculenta comida con helado de postre.


13 jun 2013

DÍA DA ÁRBORE

O pasado 7 de xuño celebranos nos arredores do Saladino o Día da Árbore xunto cos colexios veciños de Santa Mariña. Carballal e O Sello. Soltamos unhas aves, limos poemas, botamos unhas carreiras, merendamos e bailamos todos xuntos.


25 may 2013

16 DE MAIO

O pasado día 16 de maio tivemos unha xornada moi especial no Saladino. Antes do recreo asistimos a unha exhibición de aves rapaces.


E logo para celebrar o día das Letras Galegas bailamos unha muiñeira xunto aos Maios.









 E para rematar, entregaron os premios pola participación nos XOGOS FLORAIS, un concurso de poemas que facemos no noso cole por estas datas.



8 may 2013

ESTREA DO GRUPO DE TEATRO DO SALADINO


HOXE, MÉRCORES, ESTIVEMOS REPRESENTADO A NOSA OBRA DE TEATRO "UNHA EIRUGA MOI LARPEIRA" NO CEIP O POMBAL. MIRADE AQUÍ ALGUNHAS FOTIÑOS.

1 may 2013

REVISTA ESCOLAR Nº 1 CURSO 2012-2013

Froito da colaboración de todo o noso centro, xa tes a túa disposición no Kiosco Virtual Saladino a Revista Escolar nº 1 de curso 2012-13 na súa edición dixital!

 
Descarga aquí a túa copia:REVISTA ESCOLAR SALADINO CORTIZO



Non te perdas as últimas novas sobre o Samaín con aportacións literarias e imaxes que te farán morrer de medo.

Tampouco perdas de vista as novas sobre o Nadal, as tarxetas premiadas, o esquisito e doce Belén e o Festival co desfile de perruquería, as badaladas de fin de ano e as actuacións coa colaboración de PSY co Gangnam style.

Tamén obterás información sobre o Entroido, e outras novas como saídas, excursións e traballos plásticos, artísticos realizados polo alumnado, etc.

Na sección de Bricolaxe aprenderás a facer un banco de carpinteiro y na sección de Cociña, Pauciños de limón.

Desfruta dos pasatempos e todas as novas desta espectacular revista, e tan só terás que premer neste enlace para obter o teu exemplar no teu ordenador:  http://box.jisko.net/d/d559124b