22 nov 2014

MAGOSTO VIGUÉS NO SALADINO CORTIZO.

O luns 17 de novembro, a chuvia deunos unha tregua e pudemos celebrar a castañada máis viguesa de todas. Non faltaron cucuruchos, castañas a moreas asadas con pico, e unha festa baile cos éxitos da música actual.



Houbo quen cantou "Non chas quero castañas do teu Magosto", pero á hora da verdade, non se puideron resistir a degustar este delicioso froito de Outono...

CELABRAMOS O SAMAÍN VIGUÉS.

A Santa Compaña viu ao noso cole para meternos moitos sustos. Eran pantasmas viguesas que viñeron en fila, encarapuchadas, dende o inferno; e a verdade é que pasamos moito medo....



Os mestres do mal encabezaban a comitiva.
Os bebés ían camiño do Limbo.
Os nenos pequenos quedaban no Purgatorio.
Outros transitaban ao Inframundo.
E os demáis monstros adicábanse ás peores profesións: carpintería de ataúdes, tanatoestética, coroas de morto, banquetes canivais, bodas e funerais.
Condanados, pasaban polo corredor da morte...

Hahahaha

Infeliz Samaín 2014!!!

BENVID@S AO CURSO 2014-2015.

Este curso 2014-2015 o adicaremos á cidade de Vigo.

Vamos a aprender moito sobre a cidade de Vigo, que é onde está o noso cole!!!