27 nov 2013
TANXARINA - monicreques
Neste mes de novembro tocounos facer unha excursión ao VERBUM - Samil e alí recibíronnos os membros de Tanxarina, cos seus monicreques. Explicáronnos os distintos tipos de marionetas, os escenarios e ata nos deixaron manexar algún boneco.
15 nov 2013
MAGOSTO 15 DE NOVEMBRO DE 2013
Este ano, o Magosto celebrámolo o venres 15 de novembro do ano 2013 antes de Cristo, en pleno Neolítico.
- Realizamos pinturas rupestres de Magosto.
- Cantamos arredor do lume as Cantigas do Magosto.
- Asamos castañas ao estilo prehistórico.
- Degustamos as castañas asadas.
- Fixemos unha festa con ritos máxico-relisioxos dirixidos a nosa divinidade a Natureza.
Somos un pouco primitivos, é certo; pero a Prehistoria éche o que ten...
6 nov 2013
SAMAÍN NO ANO TRECE, QUE MALA SORTE!!!
O pasado mércores 30 de outubro pasámolo de medoooooo...
1) Misa negra.
A primeira e segunda hora, as ánimas do purgatorio, os zombies, os monstros ancestrais e os espíritus do inferno espertaron e organizaron un aquelarre.
2) Corredor da Morte e Exposición de Cabazas.
A terceira hora a Santa Compaña en Procesión pasou polo corredor da morte para finalizar na aula de música onde nos esperaba a Exposición de cabazas, amenizada pola propia Morte co seu órgano de tubos e as súas campanas tubulares...
3) A beberaxe da Bruxa Bruxaxa.
A cuarta hora a Bruxa Bruxaxa convidounos na Biblioteca a participar na preparación dun beberaxe moi velenoso e saboroso.
4) DJ DEAD SESSION.
A quinta hora, tivemos festa coa participación do DJ DEAD, na que degustamos de saborosos manxares demoníacos e inmortalizamos o evento cunha sesión fotográfica.

Suscribirse a:
Entradas (Atom)