19 nov 2012

¡FELIZ MAGOSTO 2012!

Este ano desfrutamos unha vez máis da celebración do Magosto. 
  1. Decoramos todo o cole, pintamos castañas e animais do bosque, fixemos collage e figuras en marquetería.
  2. Tamén aprendimos e tocamos cantigas do Magosto.
  3. Traballamos o tema do Outono e do Magosto en clase.

E despois de preparalo todo:

O pasado venres 16 de novembro, celebramos o Magosto coa tradicional asada de castañas, a nada tradicional sesión Dj Andy, e acabamos coa enferruxada final.



8 nov 2012

OS PROFES DO SALADINO REMATAMOS O CURSO DE LINGUA DE SIGNOS.

A maioría d@s profes do cole participamos nun Curso de Linguaxe de Signos (LSE) para aprender a comunicarnos cos rapaces con déficits auditivos.

Deunos clase Camilo, un profe xordo da Federación de Xordos de Vigo e quedamos encantados con él.

Tod@s estamos bautizados co noso signo, sabemos o alfabeto dactilolóxico, presentarnos, presentar, as datas, as comidas, a familia, as cidades e poboacións, os medios de transporte, o vocabulario da escola... Preparados para signar e facer do noso cole un lugar de integración total.

APOCALIPSE NO SALADINO CORTIZO: SAMAÍN 2012

O día 31 de outubro de 2012, víspera de tódolos Santos, para calmar ás ánimas do inframundo, festexamos o Samaín. Coma os nosos antergos Celtas, adoramos ás pantasmas do Limbo, do Purgatorio e do Inferno; e moitos deles uníronse á festa:
1) Tanatoestéctica no Salón de Beleza. Divinos da morte....
2) Paseo polo corredor da morte...
3) Concerto de órgano de tubos no castelo do terror...
4) Banquete Canival.: dedas, arañas, lápidas, sangue... Mmmmm
5) Coreografía con zombies con Michael Jackson e Lady Gaga...
6) Apocalipse e fin do mundo.... Hahahahaha!!!!