8 nov 2012

OS PROFES DO SALADINO REMATAMOS O CURSO DE LINGUA DE SIGNOS.

A maioría d@s profes do cole participamos nun Curso de Linguaxe de Signos (LSE) para aprender a comunicarnos cos rapaces con déficits auditivos.

Deunos clase Camilo, un profe xordo da Federación de Xordos de Vigo e quedamos encantados con él.

Tod@s estamos bautizados co noso signo, sabemos o alfabeto dactilolóxico, presentarnos, presentar, as datas, as comidas, a familia, as cidades e poboacións, os medios de transporte, o vocabulario da escola... Preparados para signar e facer do noso cole un lugar de integración total.

1 comentario: