3 mar 2011

PROFESORADO EN CONGRESOS

MESTRAS E MESTRES DO SALADINO CORTIZO VAN DE CONGRESO.

¡Mestras e mestres iremos a congresos nas próximas datas para mellorar a nosa formación, para dar clase aos rapaces do noso cole!

Queremos compartir con todos no blog a información que nos resultou máis interesante en relación co noso alumnado.


Poñémonos información do Congreso de TADEGA coas páxinas máis interesantes que nos ensinaron no Congreso de tadega cun pequeno resumo do que hai en cada unha.


http://www.bj-adaptaciones.com/
Nacen no 2003, cando Joaquín Romero, afectado de esclerose múltiple, decidiu loitar e apostar forte. Xunto ao seu irmán Borja, ambos os dous formados en enxeñarías técnicas, decidiron mellorar a súa calidade de vida mediante a automatización da súa vivenda. Así naceu o seu primeiro proxecto, a súa fe en ofrecer solucións a persoas en situación similar.
Teñen un catálogo con material adaptado: ratos, teclados, xoguetes…

http://congresosdiscapacidad.blogspot.com/2011/02/4-encuentro-de-tecnologias-de-bajo.html

4º Encontro de Tecnoloxías de Baixo Custo
Convócase a 4ª Edición do Encontro de Tecnoloxías de Baixo Custo, Adaptacións Elaboradas por Usuarios e Recursos de Libre Acceso que previsiblemente terá lugar nas instalacións do C.R.M.F. de Albacete, nos días 7, 8 e 9 de xullo de 2011.

Paralelamente ao Encontro ábrese unha nova convocatoria ao Concurso de Ideas de Baixo Custo. O primeiro premio é de 1.000 €.


http://www.premiosromperbarreras.es/
Os Premios Romper Barreiras son unha iniciativa de Toshiba e BJ Adaptacións para premiar aqueles proxectos que axuden a mellorar a calidade de vida das persoas con minusvalidez mediante o uso da tecnoloxía.

http://www.youtube.com/watch?v=2BhHwk9qSvI
Increíble vídeo onde vemos un mozo con moita afectación motora xogando a un videoxogo complicadísimo.

http://colorvisiontesting.com/
Test para evaluar el daltonismo.

http://www.aumentativa.net/
Proporciona acceso a materiais formativos e informativos que pretenden axudar nos distintos procesos de toma de decisións, pero tamén a unha serie de materiais para o uso práctico na aula e en devir cotián de deseño e construción de ámbitos de comunicación.

http://www.catedu.es/planetaVisual/
Recurso de apoio na planificación da intervención educativa en autismo. O seu punto de partida son as dimensións establecidas no Inventario de Espectro Autista (IDEA - Riviere)