1) Misa negra.
A primeira e segunda hora, as ánimas do purgatorio, os zombies, os monstros ancestrais e os espíritus do inferno espertaron e organizaron un aquelarre.
2) Corredor da Morte e Exposición de Cabazas.
A terceira hora a Santa Compaña en Procesión pasou polo corredor da morte para finalizar na aula de música onde nos esperaba a Exposición de cabazas, amenizada pola propia Morte co seu órgano de tubos e as súas campanas tubulares...
3) A beberaxe da Bruxa Bruxaxa.
A cuarta hora a Bruxa Bruxaxa convidounos na Biblioteca a participar na preparación dun beberaxe moi velenoso e saboroso.
4) DJ DEAD SESSION.
A quinta hora, tivemos festa coa participación do DJ DEAD, na que degustamos de saborosos manxares demoníacos e inmortalizamos o evento cunha sesión fotográfica.
impresionante tanto el trabajo de los docentes como el del alumnado, felicidades!!!
ResponderEliminar