Un achado arqueolóxico sen precedentes foi atopado no concurso de Beléns de Nova Galicia Banco.
Trátase dun dolmen nas inmediacións dun petroglifo con pinturas rupestres. Os científicos determinaron que é unha representación prehistórica dun portal de Belén, na que aparecería baixo o dolmen ao Neno, á Virxe, San Xosé, e dúas representacións zoomorfas: unha mula e un boi. Segundo interpretan os arqueólogos, unha estrela fugaz tería guiado a tres Magos aínda que os primeiros en visitar ao Neno serían os pastores do lugar.
Para os defensores da teoría dos alieníxenas ancestrais, sería unha profecía de Nostradamus que data do ano 2013 a. de C. na que xa os Celtas do Neolítico vaticinaran que nacería o Mesías dunha nova relixión.
Logo da interpretación dos expertos do CEE Saladino Cortizo, o achado foi levado para ser exposto no Teatro García Barbón de Nova Galicia Banco, onde conqueriu nada máis e nada menos que un ACCÉSIT, como premio a labor de investigación levada por parte dos/as alumnos/as e profesores/as do centro educativo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario