29 oct 2010

PRESENTACIÓN: O NOSO CENTRO O SALADINO CORTIZO

COLEXIO PÚBLICO DE EDUCACIÓNN ESPECIAL SALADINO CORTIZO

O CENTRO:
O Colexio de Educación Especial Saladino Cortizo é o único centro público de educación especial da cidade de Vigo. Escolariza a alumnos con necesidades educativas especiais da nosa cidade e zonas limítrofes.
O noso obxectivo e preparar a tódolos alumnos de xeito que, dentro das súas capacidades, poidan acadar o máximo grao de autonomía e desenrolo persoal á vez que, aqueles que presentan unhas condicións adecuadas, se preparan para unha posible incorporación ao mundo laboral.
Debemos poñer aos alumnos en contacto co mundo no que se deben integrar, propiciando a súa participación en tódalas actividades que nos ofrece a sociedade na que estamos inmersos. Non esquenzamos que aprendemos máis daquilo que vivimos que do que nos contan.
ETAPAS EDUCATIVAS:
Ao centro poden acceder alumnos dende a etapa de educación infantil ata os vinteún anos de idade.
Primeiro ciclo: alumnos ata os doce anos de idade.
Segundo ciclo: alumnos de doce a dezaseis anos.
Tránsito á vida adulta: alumnos de dezaseis a vinteún anos de idade que é necesario prepar para unha vida autónoma.
Programas de cualificación profesional inicial: alumnos de dezaseis a vinteún anos que é posible preparar no eido laboral de xeito que poida conquerirse a súa integración no mundo de traballo: Reprografía - Carpintería - Peiteado - Xardinería
ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS.
Piscina dentro do horario escolar e acompañados por persola do Centro, os nenos e nenas asisten a natación na Piscina Municipal de Lavadores. Asemade, a Asociación de Nias e Pais do Centro organiza cada curso outras a demanda das familias, lévanse a cabo no tempo de recreo do comedor.
ACTIVIDADES DEPORTIVAS.
O centro participa de xeito continuo nas actividades organizadas por SPECIAL OLYMPICS GALICIA, campamentos e deporte non competitivo para rapaces e rapazas con necesidades educativas especiais. Tamén participamos nas actividades que organiza FEGADEMPS, deporte federado para minusválidos psíquicos, sempre que se amolden ás condicións do noso alumnado.
SERVICIOS.
Ademais dos propios de calquer centro educativo, o Saladino Cortizo dispón de comedor e transporte.
O transporte é gratuito. Organízase con tres liñas de autobús que cubren toda a cidade de Vigo, outras tres liñas que trasladan a rapaces procedentes doutros concellos e dous taxis que axudan a cubrir toda a zona de procedencia do alumnado do Centro. Contamos con transporte adaptado.
O funcionamento do comedor depende da Consellería de Educación e atende á totalidade do alumnado.
HORARIO.
O centro funciona en horario ininterrumpido de 9.30 a 16.00 horas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario