29 oct 2010

INICIO DO CURSO

BENVIDOS AO NOSO COLE: ¡O SALADINO CORTIZO!

O día 15 de setembro empezamos as clases, un pouco tarde polas obras... Coñecimos os novos profesores e profesoras que veñen este ano e tamén aos novos rapaces e rapazas que comezan este ano.

Fixemos o acto de presentación da ludoteca. Nunha presentación Power Point puidemos ver quen eran os profesores e profesoras deste ano, así como os grupos de nenos que vamos con cada profe. E nos enteramos de moitas cousas.

Ahora os tres corredores do colexio están pintados de cores: verde, laranxa e azul. No corredor verde están os nenos de 1º ciclo (6 a 12 anos), de 2º cicl0 (12 a 16 anos). No corredor laranxa están as aulas dos obradoiros, as aulas de actividades da vida diaria. No corredor azul están as aulas de Tránsito á Vida Adulta e pronto estarán tamén as aulas dos PCPI.

Este comezamos o curso 2010/2011 con moitas ganas, pero un pouco tarde. Resulta que no verán non deu tempo a rematar as obras que empezamos o ano pasado.Pero, está case todo pintado e postas novas moitas cousas, pero aínda queda algo por facer.

No hay comentarios:

Publicar un comentario