19 dic 2012
VISITA A EXPOSICIÓN DE BELÉNS
Como ven sendo habitual, este ano tamén fomos a visitar a exposición de Beléns ao centro cultural Caixanova. E xa que estabamos cerca de Bonilla, ¿por qué non tomarnos tamén un chocolatiño con churros? ¡Mirade o ben que nolo pasamos!
19 nov 2012
¡FELIZ MAGOSTO 2012!
Este ano desfrutamos unha vez máis da celebración do Magosto.
- Decoramos todo o cole, pintamos castañas e animais do bosque, fixemos collage e figuras en marquetería.
- Tamén aprendimos e tocamos cantigas do Magosto.
- Traballamos o tema do Outono e do Magosto en clase.
E despois de preparalo todo:
O pasado venres 16 de novembro, celebramos o Magosto coa tradicional asada de castañas, a nada tradicional sesión Dj Andy, e acabamos coa enferruxada final.
8 nov 2012
OS PROFES DO SALADINO REMATAMOS O CURSO DE LINGUA DE SIGNOS.
A maioría d@s profes do cole participamos nun Curso de Linguaxe de Signos (LSE) para aprender a comunicarnos cos rapaces con déficits auditivos.
Deunos clase Camilo, un profe xordo da Federación de Xordos de Vigo e quedamos encantados con él.
Tod@s estamos bautizados co noso signo, sabemos o alfabeto dactilolóxico, presentarnos, presentar, as datas, as comidas, a familia, as cidades e poboacións, os medios de transporte, o vocabulario da escola... Preparados para signar e facer do noso cole un lugar de integración total.

APOCALIPSE NO SALADINO CORTIZO: SAMAÍN 2012
O día 31 de outubro de 2012, víspera de tódolos Santos, para calmar ás ánimas do inframundo, festexamos o Samaín. Coma os nosos antergos Celtas, adoramos ás pantasmas do Limbo, do Purgatorio e do Inferno; e moitos deles uníronse á festa:
1) Tanatoestéctica no Salón de Beleza. Divinos da morte....
2) Paseo polo corredor da morte...
3) Concerto de órgano de tubos no castelo do terror...
4) Banquete Canival.: dedas, arañas, lápidas, sangue... Mmmmm
5) Coreografía con zombies con Michael Jackson e Lady Gaga...
6) Apocalipse e fin do mundo.... Hahahahaha!!!!
30 oct 2012
LUDOTECA LINGÜÍSTICA
QUE BEN O PASAMOS COS MONITORES DA LUDOTECA LINGÜÍSTICA QUE VIÑERON VISITARNOS A SEMANA PASADA. O ALUMNADO DE 1º E 2º CICLO PARTICIPAMOS NAS ACTIVIDADES QUE NOS PROPUXERON.
15 oct 2012
A VENDIMA DE TRÁNSITO Á VIDA ADULTA.
En Tránsito Á Vida Adulta estivemos traballando a Vendima:
1) Fixemos un mural moi chulo
2) Fumos ao Instituto de A Granxa
3) Fixemos unha entrevista para informarnos da vendima.
4) Vendimamos: Metímonos nas viñas a apañar uvas coas podadoras.
5) Fixemos mosto que ao fermentar pasado o tempo convértese en viño.
COMEZAMOS O CURSO 2012-2013
BENVIDOS AO CURSO 2012-2013!!!!!
Este ano contamos co noso centro con máis rapaces e rapazas co curso pasado. Nada máis e nada menos que un cento!!! Unha centena de alumn@s. Uns marcharon, outros viñeron e de 85 pasamos a 100. Para coñecer aos novos compañeiros, novos grupos de clase e situarnos no cole, o primeiro día fixemos o acto de presentación. E aquí tendes un vídeo dos primeiros días dos nenos e nenas de 1º ciclo.

Suscribirse a:
Entradas (Atom)