15 nov 2011

PARTIDO DE FÚTBOL DO SALADINO F.C. EN LAVADORES

A selección do Saladino F.C. participou dunha xornada de partido de liga de FADENGA, quedando mellor que a Selección española ante os ingleses. Gañamos, como non podía ser doutra maneira cun espectacular resultado: Nada máis e nada menos que 5-0.
Noraboa campións!

11 nov 2011

CELEBRACIÓN DO MAGOSTO 2011

O xoves 10 de novembro de 2011, conmemoramos a San Martiño coa celebración do Magosto.
Fixemos a fogueira con pico, asamos as castañas, as repartimos, desfrutamos dun tempo de lecer e acabamos todos enferruxados.
Non vos perdades a exposición de froitos do Outono do final: caquis, kiwis, améndoas, abelás, marmelo, peras, mazás, figos, laranxas, mandarinas, cogomelos, noces..., e como non: ¡as típicas castañas!

8 nov 2011

CELEBRACIÓN DO SAMAÍN NO CEE SALADINO CORTIZO

O pasado venres 28 de outubro de 2011, no Castelo do Terror do Carballal, celebramos o Samaín.
Houbo un Aquelarre, un concerto de órgano de tubos, un banquete, entrega de diplomas e o paseo polo corredor da morte.
Íbamos vestidos con estética gótica e as mestras e alumnas divinas da morte.
¡PASÁMOLO DE MEDO! HA HA HA HA


18 oct 2011

PROGRAMA DE COMUNICACIÓN AUMENTATIVA EMINTZA

Hai un programa moi útil para o noso centro. Chámase emintza e consiste nun programa de comunicación aumentativa que nos pode ser de moita utilidade:

A web do proxecto desta fundación vasca é: http://fundacionorange.es/emintza.html

Para descargar o programa preme nesta imaxe:

Logo proyecto e-Mintza


RECURSOS DE COMUNICACIÓN AUMENTATIVA

Podedes consultar o Catálogo de Comunicación Aumentativa y Acceso al Ordenador de Vía Libre Grupo Fundosa neste enlace:

19 sept 2011

INICIO DE CURSO 2011/2012

Benvidos un curso máis ao noso cole Saladino Cortizo.

Este ano, no CEE Saladino, houbo bastantes cambios: en 1º ciclo só hay dos grupos, en 2º ciclo só hay catro grupos (un menos que o ano pasado), hay seis grupos de Tránsito á Vida Adulta e un PCPI novo de Emprego doméstico. Nótase que nos vamos facendo maiores e vamos deixando o 1º e 2º ciclos libre. Somos máis alumnos que o ano pasado, pasamos dos 70 aos 82.

O profesorado tamén cambiou un pouco, cambiaron á Ana de Educación física por José, a Ángeles de Audición e Linguaxe por Alicia, mandaron á Heidi de titora de Tránsito,a profe de Xardinería por o profe novo, e dúas profes que tiveron un bebé van a ser substituídas por María e Tania.

Andrés de música, Juan de Educación física e a maioría dos titores e titoras van a seguir no noso cole prácticamente cos mesmos alumnos que tiveron o ano pasado

¡¡¡Esperamos que este ano sexa polo menos igual de instructivo e divertido que o ano pasado!!!

Deixámosvos un vídeo do ano pasado 2010-2011 co traballo feito no noso cole:

12 abr 2011

SEMANA DO LIBRO


SEMANA DO LIBRO


Durante a semana do 26 ao 29 de abril, no centro se representará unha obra de teatro " Paroladas ao teléfono", e unha obra de títeres " O coelliño Branco".

Ademais na biblioteca do cole, poderedes ver contos elaborados polos alumnos.


Tendes na biblioteca un vídeo coa representación feita polos alumnos da obra " O Coelliño Branco".