19 sept 2011

INICIO DE CURSO 2011/2012

Benvidos un curso máis ao noso cole Saladino Cortizo.

Este ano, no CEE Saladino, houbo bastantes cambios: en 1º ciclo só hay dos grupos, en 2º ciclo só hay catro grupos (un menos que o ano pasado), hay seis grupos de Tránsito á Vida Adulta e un PCPI novo de Emprego doméstico. Nótase que nos vamos facendo maiores e vamos deixando o 1º e 2º ciclos libre. Somos máis alumnos que o ano pasado, pasamos dos 70 aos 82.

O profesorado tamén cambiou un pouco, cambiaron á Ana de Educación física por José, a Ángeles de Audición e Linguaxe por Alicia, mandaron á Heidi de titora de Tránsito,a profe de Xardinería por o profe novo, e dúas profes que tiveron un bebé van a ser substituídas por María e Tania.

Andrés de música, Juan de Educación física e a maioría dos titores e titoras van a seguir no noso cole prácticamente cos mesmos alumnos que tiveron o ano pasado

¡¡¡Esperamos que este ano sexa polo menos igual de instructivo e divertido que o ano pasado!!!

Deixámosvos un vídeo do ano pasado 2010-2011 co traballo feito no noso cole:

No hay comentarios:

Publicar un comentario