30 may 2014

LETRAS GALEGAS PREHISTÓRICAS ANO 2014 a. de C.

No horto escolar do CEE Saladino acháronse restos arqueolóxicos.
Profes e alumn@s despois dunha coidadosa recuperación e investigación determinaron tres cousas:
1º) Atopáronse vestiduras célticas do Neolítico e un Petroglifo coa partitura dun Valseiro e Muiñeira de O Caurel.



2º) Tamén foron recuperadas dúas frautas de óso de orixe Neandhertal no interior dunha caverna que tiña representada A Saia de Carolina que ten un dinosaurio pintado...


3º) Apareceron restos do que poderían ser as primeiras manifestación de Maios: unhas construccións vexetais célticas adicadas á deusa Natureza.


Logo desta investigación, co gallo das Letras galegas, realizouse unha representación musical cos achados arqueolóxicos recreando as costumes prehístóricas galegas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario