30 oct 2012

LUDOTECA LINGÜÍSTICA

QUE BEN O PASAMOS COS MONITORES DA LUDOTECA LINGÜÍSTICA QUE VIÑERON VISITARNOS A SEMANA PASADA. O ALUMNADO DE 1º E 2º CICLO PARTICIPAMOS NAS ACTIVIDADES QUE NOS PROPUXERON.

15 oct 2012

A VENDIMA DE TRÁNSITO Á VIDA ADULTA.

En Tránsito Á Vida Adulta estivemos traballando a Vendima: 
1) Fixemos un mural moi chulo
2) Fumos ao Instituto de A Granxa
3) Fixemos unha entrevista para informarnos da vendima.
4) Vendimamos: Metímonos nas viñas a apañar uvas coas podadoras.
5) Fixemos mosto que ao fermentar pasado o tempo convértese en viño.




COMEZAMOS O CURSO 2012-2013

BENVIDOS AO CURSO 2012-2013!!!!!



Este ano contamos co noso centro con máis rapaces e rapazas co curso pasado. Nada máis e nada menos que un cento!!! Unha centena de alumn@s. Uns marcharon, outros viñeron e de 85 pasamos a 100. Para coñecer aos novos compañeiros, novos grupos de clase e situarnos no cole, o primeiro día fixemos o acto de presentación. E aquí tendes un vídeo dos primeiros días dos nenos e nenas de 1º ciclo.

AS LETRAS GALEGAS E OS MAIOS 2012

O 31 de maio de 2012 celebramos as Letras Galegas e os Maios. Tivemos unha exposición de Maios estupenda 
e desfrutamos da Muiñeira do Caurel. 






ENTROIDO 2012



No Entroido tivemos un grande Concerto no que participaron músicos de renome internacional:

  1. Foron Teloneiros a Tuna da Universidade Saladina Cortizo de Vigo de 1º ciclo
  2. Seguiu a interpretación Heavy de Iron Maiden con Fear of the Dark de 2º ciclo.
  3. En Tránsito tivemos aos Beatles que rexurdiron e incluso resucitaron para estar con nós.
  4. En Tránsito Lady Gaga fixo a súa aparición estelar, psicódelica e extravagante.
  5. E para pechar o concerto... un pouco de Gospel co Coro Polifónico Saladino dende os Estados Unidos de América.

18 ene 2012

CELEBRAMOS O DÍA DA PAZ NO SALADINO

No noso cole vamos a conmemorar o día da non violencia e da paz, por iso vos deixamos o vídeo da canción que vamos a cantar para que vaiades prácticando.

CELEBRAMOS O NADAL NO SALADINO

No CEE Saladino Cortizo celebramos o Nadal 2011 e Aninovo 2012.
En primeiro lugar, contamos con Anne Igartuburu e José Mota para tomar as uvas durante as campanadas.
Despois, asistimos ao Concerto de Aninovo de Viena con "Doce Nadal" con xilófonos de ¿Strauss?...
Logo, tivemos unha festa de gala cos artistas invitados: Rossana, Lady Gagal, Pibull, Ne-Yo, Afrojack, Don Omar.
Finalmente, como nos deron licencia, os Reixes cantamos e recibimos a visita das súas Excelentísimas Maxestades os Reis Magos de Oriente!!!!