15 oct 2012

AS LETRAS GALEGAS E OS MAIOS 2012

O 31 de maio de 2012 celebramos as Letras Galegas e os Maios. Tivemos unha exposición de Maios estupenda 
e desfrutamos da Muiñeira do Caurel. 






ENTROIDO 2012



No Entroido tivemos un grande Concerto no que participaron músicos de renome internacional:

  1. Foron Teloneiros a Tuna da Universidade Saladina Cortizo de Vigo de 1º ciclo
  2. Seguiu a interpretación Heavy de Iron Maiden con Fear of the Dark de 2º ciclo.
  3. En Tránsito tivemos aos Beatles que rexurdiron e incluso resucitaron para estar con nós.
  4. En Tránsito Lady Gaga fixo a súa aparición estelar, psicódelica e extravagante.
  5. E para pechar o concerto... un pouco de Gospel co Coro Polifónico Saladino dende os Estados Unidos de América.

18 ene 2012

CELEBRAMOS O DÍA DA PAZ NO SALADINO

No noso cole vamos a conmemorar o día da non violencia e da paz, por iso vos deixamos o vídeo da canción que vamos a cantar para que vaiades prácticando.

CELEBRAMOS O NADAL NO SALADINO

No CEE Saladino Cortizo celebramos o Nadal 2011 e Aninovo 2012.
En primeiro lugar, contamos con Anne Igartuburu e José Mota para tomar as uvas durante as campanadas.
Despois, asistimos ao Concerto de Aninovo de Viena con "Doce Nadal" con xilófonos de ¿Strauss?...
Logo, tivemos unha festa de gala cos artistas invitados: Rossana, Lady Gagal, Pibull, Ne-Yo, Afrojack, Don Omar.
Finalmente, como nos deron licencia, os Reixes cantamos e recibimos a visita das súas Excelentísimas Maxestades os Reis Magos de Oriente!!!!

20 dic 2011

GAÑAMOS O 2º PREMIO NO CONCURSO DE BELÉNS DE NOVAGALICIA BANCO

Con madeira e arame, fixemos o Belén do noso cole, co que coseguimos o 2º premio no concurso de Beléns de Novagalicia Banco. ¡Estamos moi orgullosos!
Parece ser que se notou a nosa habilidade en marquetería e carpintería.
O alumnado, profesorado e persoal laboral do centro, querémosvos desexar un moi...

¡FELIZ NADAL E ANINOVO 2012!




23 nov 2011

3º PREMIO DA LIGA GALEGA DE BALONCESTO O PORRIÑO 2011


Hoxe o noso equipo de baloncesto participou na Liga Galega de Baloncesto FEGADDI que se celebrou en O Porriño en 2011. ¡CONSEGUIMOS O 3º PREMIO! Campións en todos os deportes!!! Noraboa!!!