22 nov 2014

MAGOSTO VIGUÉS NO SALADINO CORTIZO.

O luns 17 de novembro, a chuvia deunos unha tregua e pudemos celebrar a castañada máis viguesa de todas. Non faltaron cucuruchos, castañas a moreas asadas con pico, e unha festa baile cos éxitos da música actual.



Houbo quen cantou "Non chas quero castañas do teu Magosto", pero á hora da verdade, non se puideron resistir a degustar este delicioso froito de Outono...

CELABRAMOS O SAMAÍN VIGUÉS.

A Santa Compaña viu ao noso cole para meternos moitos sustos. Eran pantasmas viguesas que viñeron en fila, encarapuchadas, dende o inferno; e a verdade é que pasamos moito medo....



Os mestres do mal encabezaban a comitiva.
Os bebés ían camiño do Limbo.
Os nenos pequenos quedaban no Purgatorio.
Outros transitaban ao Inframundo.
E os demáis monstros adicábanse ás peores profesións: carpintería de ataúdes, tanatoestética, coroas de morto, banquetes canivais, bodas e funerais.
Condanados, pasaban polo corredor da morte...

Hahahaha

Infeliz Samaín 2014!!!

BENVID@S AO CURSO 2014-2015.

Este curso 2014-2015 o adicaremos á cidade de Vigo.

Vamos a aprender moito sobre a cidade de Vigo, que é onde está o noso cole!!!

8 sept 2014

FIN DO CURSO DA PREHISTORIA

E chegamos ao Fin do Curso da Prehistoria!!!
Evolucionamos, organizamos un festival e marchamos de vacacións!!!
Foi descubrir a escritura, a agricultura e a gandaría e cambiou o noso mundo...
A partir de agora é outra Historia...

30 may 2014

LETRAS GALEGAS PREHISTÓRICAS ANO 2014 a. de C.

No horto escolar do CEE Saladino acháronse restos arqueolóxicos.
Profes e alumn@s despois dunha coidadosa recuperación e investigación determinaron tres cousas:
1º) Atopáronse vestiduras célticas do Neolítico e un Petroglifo coa partitura dun Valseiro e Muiñeira de O Caurel.



2º) Tamén foron recuperadas dúas frautas de óso de orixe Neandhertal no interior dunha caverna que tiña representada A Saia de Carolina que ten un dinosaurio pintado...


3º) Apareceron restos do que poderían ser as primeiras manifestación de Maios: unhas construccións vexetais célticas adicadas á deusa Natureza.


Logo desta investigación, co gallo das Letras galegas, realizouse unha representación musical cos achados arqueolóxicos recreando as costumes prehístóricas galegas.

22 mar 2014

FELIZ ENTROIDO PREHISTÓRICO 2014 a. de C.

Este ano 2014 antes de Cristo, na Cova Saladino Cortizo, celebraron o Entroido diferentes eslabóns da humanidade.






En primeiro lugar, a comparsa dos PrehomínidosAustralophitecus realizaron o seu desfile acompañados da sintonía de Os Picapedra.
A continuación, o 2º eslabón do Home Habilis bailaron ao son da danza aborixe australiana e indíxena amazónica.
Despois desfrutamos da actuación do Home Erectus cantando o Home de Cromagnon.
Finalmente, a aparición do Home moderno en África sorprendeunos coa danza massai e o Waka waka.

Feliz Entroido prehistórico 2014 a. de C.

6 feb 2014

CONMEMORACIÓN DO DÍA INTERNACIONAL DA NON VIOLENCIA E DA PAZ

Este ano conmemoramos o Día Internacional da Non Violencia e da Paz o Venres 31 de Xaneiro a 4ª hora.
Logo de ler o manifesto pola paz exposto na pomba de madeira elaborada polo PCPI de Carpintería, cantamos xuntos a canción Paz de Juanes da vos deixamos o vídeo aquí:


E xa sabedes, A LEVARSE BEN!!!