15 ene 2013

EXCURSIÓN AO CONCERTO DE ODAIKO

Hoxe no Centro Cultural de NovaGalicia Banco, fumos a ver a actuación especial para escolares do grupo Odaiko. Enlazamos aquí un video que mostra algunhas das moitas cousas que saben facer:



11 ene 2013

FESTINADAL 2012



O Venres 21 de decembro de 2012 tivo lugar no Saladino o "FESTINADAL", un evento patrocinado por Galletas marca "Portal de Belén", e no que participaron un elenco de artistas do mundo do espectáculo que presentamos a continuación:
  • Os anxos de Hortensia Secret que nos deleitaron con preciosos peiteados.
  • Anne Igartuburu e Imanol Arias que non só presentaron, senon que nos acompañaron coas badaladas de fin de ano.
  • A Royal Orquestra Metalofónica de Carballal co vilancico "Xa chegou Nadal".
  • Ballet Os Primeiros que interpretaron a coreografía "Burrito Sabanero"
  • A cantante Tamara que ofreceunos "El gato azul".
  • Os Tonechos coa "Parodia de Carpintería"
  • O mesmísimo coreano PSY co seu baile do cabalo o "Gangnam Style"
  • A Coral Monofónica Saladino Cortizo con vilancicos populares en versión techno.
  • A coral Integración de Persoas Xordas de Carballal con "Los peces en el río" en Linguaxe de Signos.
  • O incrible Tacabro co seu existoso "Tacatá"
  • O discurso de Noiteboa das súas Maxestades os Reis Magos de Tartaso (Huelva) e recepción de agasallos por parte dos que se portaron ben.
  • E finalmente finalizamos a gala con DJ Andy e DJ Emyl cos grandes éxitos deste ano 2012.
Todo para o deleite dos asistentes e familiares aos que non só agradecemos a asistencia, senon que tamén desexamos UNHAS MOI FELICES FESTAS E UN PRÓSPERO ANINOVO!!!