29 dic 2013

FESTIVAL PREHISTÓRICO DE NADAL ANO 2013.

O pasado venres 20 de decembro de 2013 ás 11:00 horas tivo lugar no salón de actos do CEE Saladino Cortizo:

O FESTIVAL PREHISTÓRICO DE NADAL:



Logo da baixada do carrillón, os catro cuartos e as doce badaladas cortesía de Ramonchu Pousa, comezou a

GALA DE FESTA
coas seguintes actuacións:

1. Tema principal das Variacións de Campaíñas do lugar de W.A. Mozart. Concerto de piano e orquestra de Aninovo da Real Filarmónica Orquesta Saladina Cortiza (2º ciclo).
2. Twist de la Navidad de Algaida interpretado polo Coro de Nenos Cantores (1º ciclo)
3. Ahí viene el bombero, contando coa presencia de Mystiza (PCPI).
4. A Coral Polifónica Saladino Cortizo interpretou Xa me tardan estes Magos de Mamá Cabra (TVA).
5. No importa que llueva, coa participación estelar do grupo Efecto Pasillo (2º ciclo).
6. Abraham Mateo e o seuequipo bailaron a ritmo de Breakdance o seu éxito Señorita (TVA)
7. E como broche final, o grupo Efecto pasillo interpretou outro dos seus éxitos: Hecho con tus sueños (PCPI).

Logo viñeron os Reis Magos que obsequiáronnos cunha morea de agasallos!!!

Por último contamos coa presencia de DJ Dead, DJ Life e coa participación dos artistas invitados DJ Eminence y DJ Desituación; que ofreceron as mellores misturas techno do momento tendo un grande éxito o Scream and Shout de Britney Spears.

O NOSO BELÉN PREHISTÓRICO ACADA UN ACCESIT NO CONCURSO.

Un achado arqueolóxico sen precedentes foi atopado no concurso de Beléns de Nova Galicia Banco.

Trátase dun dolmen nas inmediacións dun petroglifo  con pinturas rupestres. Os científicos determinaron que é unha representación prehistórica dun portal de Belén, na que aparecería baixo o dolmen ao Neno, á Virxe, San Xosé, e dúas representacións zoomorfas: unha mula e un boi. Segundo interpretan os arqueólogos, unha estrela fugaz tería guiado a tres Magos aínda que os primeiros en visitar ao Neno serían os pastores do lugar.



Para os defensores da teoría dos alieníxenas ancestrais, sería unha profecía de Nostradamus que data do ano 2013 a. de C. na que xa os Celtas do Neolítico vaticinaran que nacería o Mesías dunha nova relixión.

Logo da interpretación dos expertos do CEE Saladino Cortizo, o achado foi levado para ser exposto no Teatro García Barbón de Nova Galicia Banco, onde conqueriu nada máis e nada menos que un ACCÉSIT, como premio a labor de investigación levada por parte dos/as alumnos/as e profesores/as do centro educativo.