27 nov 2013

TANXARINA - monicreques

Neste mes de novembro tocounos facer unha excursión ao VERBUM - Samil e alí recibíronnos os membros de Tanxarina, cos seus monicreques. Explicáronnos os distintos tipos de marionetas, os escenarios e ata nos deixaron manexar algún boneco.


15 nov 2013

MAGOSTO 15 DE NOVEMBRO DE 2013

Este ano, o Magosto celebrámolo o venres 15 de novembro do ano 2013 antes de Cristo, en pleno Neolítico.

  • Realizamos pinturas rupestres de Magosto.
  • Cantamos arredor do lume as Cantigas do Magosto.
  • Asamos castañas ao estilo prehistórico.
  • Degustamos as castañas asadas.
  • Fixemos unha festa con ritos máxico-relisioxos dirixidos a nosa divinidade a Natureza.
Somos un pouco primitivos, é certo; pero a Prehistoria éche o que ten...




6 nov 2013

SAMAÍN NO ANO TRECE, QUE MALA SORTE!!!

O pasado mércores 30 de outubro pasámolo de medoooooo...

 1) Misa negra.
A primeira e segunda hora, as ánimas do purgatorio, os zombies, os monstros ancestrais e os espíritus do inferno espertaron e organizaron un aquelarre.

2) Corredor da Morte e Exposición de Cabazas.
A terceira hora a Santa Compaña en Procesión pasou polo corredor da morte para finalizar na aula de música onde nos esperaba a Exposición de cabazas, amenizada pola propia Morte co seu órgano de tubos e as súas campanas tubulares...

3) A beberaxe da Bruxa Bruxaxa.
A cuarta hora a Bruxa Bruxaxa convidounos na Biblioteca a participar na preparación dun beberaxe moi velenoso e saboroso.

4) DJ DEAD SESSION.
A quinta hora, tivemos festa coa participación do DJ DEAD, na que degustamos de saborosos  manxares demoníacos e inmortalizamos o evento cunha sesión fotográfica.