19 feb 2013

UN ENTROIDO DE CINE...

O 8 de Febreiro de 2013, no CEE Saladino Cortizo tivemos un Entroido de cine...

Houbo unha gala de Óscars onde participaron catro produccións cinematográficas:

  1. Peter Pan. Adaptación do conto pola factoría Disney.
  2. A Guerra das Galaxias. Episodio 6. O retorno do Jedi.
  3. O musical Grease. Versión en español.
  4. Os tres mosqueteiros. Remake en 3D.
Peter Pan obtivo o óscar á mellor película de animación e óscar á mellor adaptación de conto infantil.
A Guerra das Galaxias obtivo o óscar á mellor banda sonora e óscar aos mellores efectos especiais.
O musical Grease obtivo o óscar de actores revelación e o óscar á mellor coreografía.
Os tres mosqueteiros obtiveron o óscar á mellor dirección e á mellor posproducción histórica.

Deixámosvos un vídeo cun resumo da gala de Óscars: UN ENTROIDO DE CINE!!!


7 feb 2013

CONMEMORACIÓN DO DÍA INTERNACIONAL DA NON VIOLENCIA E DA PAZ

O mércores 30 de xaneiro de 2013, celebramos o día da paz no cole. Agora xa sabemos que somos unha marea de xente todos diferentes remando a un mesmo compás... Sabemos que somos unha morea de xente que coa paz, portándonos ben, axudando aos demáis e sendo solidarios podemos facer deste planeta Terra un mundo mellor. ¿Seremos quen de facelo? ¡SEGURO QUE SÍ!

¡ÁNIMO E A LEVARSE BEN!