30 oct 2012

LUDOTECA LINGÜÍSTICA

QUE BEN O PASAMOS COS MONITORES DA LUDOTECA LINGÜÍSTICA QUE VIÑERON VISITARNOS A SEMANA PASADA. O ALUMNADO DE 1º E 2º CICLO PARTICIPAMOS NAS ACTIVIDADES QUE NOS PROPUXERON.

15 oct 2012

A VENDIMA DE TRÁNSITO Á VIDA ADULTA.

En Tránsito Á Vida Adulta estivemos traballando a Vendima: 
1) Fixemos un mural moi chulo
2) Fumos ao Instituto de A Granxa
3) Fixemos unha entrevista para informarnos da vendima.
4) Vendimamos: Metímonos nas viñas a apañar uvas coas podadoras.
5) Fixemos mosto que ao fermentar pasado o tempo convértese en viño.




COMEZAMOS O CURSO 2012-2013

BENVIDOS AO CURSO 2012-2013!!!!!



Este ano contamos co noso centro con máis rapaces e rapazas co curso pasado. Nada máis e nada menos que un cento!!! Unha centena de alumn@s. Uns marcharon, outros viñeron e de 85 pasamos a 100. Para coñecer aos novos compañeiros, novos grupos de clase e situarnos no cole, o primeiro día fixemos o acto de presentación. E aquí tendes un vídeo dos primeiros días dos nenos e nenas de 1º ciclo.

AS LETRAS GALEGAS E OS MAIOS 2012

O 31 de maio de 2012 celebramos as Letras Galegas e os Maios. Tivemos unha exposición de Maios estupenda 
e desfrutamos da Muiñeira do Caurel. 






ENTROIDO 2012



No Entroido tivemos un grande Concerto no que participaron músicos de renome internacional:

  1. Foron Teloneiros a Tuna da Universidade Saladina Cortizo de Vigo de 1º ciclo
  2. Seguiu a interpretación Heavy de Iron Maiden con Fear of the Dark de 2º ciclo.
  3. En Tránsito tivemos aos Beatles que rexurdiron e incluso resucitaron para estar con nós.
  4. En Tránsito Lady Gaga fixo a súa aparición estelar, psicódelica e extravagante.
  5. E para pechar o concerto... un pouco de Gospel co Coro Polifónico Saladino dende os Estados Unidos de América.