23 nov 2011

3º PREMIO DA LIGA GALEGA DE BALONCESTO O PORRIÑO 2011


Hoxe o noso equipo de baloncesto participou na Liga Galega de Baloncesto FEGADDI que se celebrou en O Porriño en 2011. ¡CONSEGUIMOS O 3º PREMIO! Campións en todos os deportes!!! Noraboa!!!

PACÍFICO SUR. UN OCÉANO INFINITO.

O alumnado de Tránsito asistiu no Auditorio de Nova Galicia Banco ao visionado dun documental sobre o océano. Patricio, Bob Sponxa e compañía andarían por alí, supoñemos... Foi precioso ver o inmenso océano, poboado pola vida marina, de feito Saladina a nosa Tartaruga sí estaba por alí...


Aquí tedes enlazada a introdución do documental colgado en youtube

15 nov 2011

PARTIDO DE FÚTBOL DO SALADINO F.C. EN LAVADORES

A selección do Saladino F.C. participou dunha xornada de partido de liga de FADENGA, quedando mellor que a Selección española ante os ingleses. Gañamos, como non podía ser doutra maneira cun espectacular resultado: Nada máis e nada menos que 5-0.
Noraboa campións!

11 nov 2011

CELEBRACIÓN DO MAGOSTO 2011

O xoves 10 de novembro de 2011, conmemoramos a San Martiño coa celebración do Magosto.
Fixemos a fogueira con pico, asamos as castañas, as repartimos, desfrutamos dun tempo de lecer e acabamos todos enferruxados.
Non vos perdades a exposición de froitos do Outono do final: caquis, kiwis, améndoas, abelás, marmelo, peras, mazás, figos, laranxas, mandarinas, cogomelos, noces..., e como non: ¡as típicas castañas!

8 nov 2011

CELEBRACIÓN DO SAMAÍN NO CEE SALADINO CORTIZO

O pasado venres 28 de outubro de 2011, no Castelo do Terror do Carballal, celebramos o Samaín.
Houbo un Aquelarre, un concerto de órgano de tubos, un banquete, entrega de diplomas e o paseo polo corredor da morte.
Íbamos vestidos con estética gótica e as mestras e alumnas divinas da morte.
¡PASÁMOLO DE MEDO! HA HA HA HA